A Biblioteca de Arzúa acollerá o día 30 unha nova iniciativa da campaña de promoción do galego
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Será a cargo de Bea Campos, integrante de Migallas Teatro e unha das narradoras máis recoñecidas do país
Ecos da Comarca/Arzúa
O vindeiro venres 30 de maio, ás 18:00 horas, a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro será o escenario dunha nova parada da campaña impulsada pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa: “En galego… ata o infinito e máis alá!”.

Nesta ocasión, a protagonista será Bea Campos, integrante de Migallas Teatro e unha das narradoras máis recoñecidas do país, que chega a Arzúa co seu espectáculo “Contos nas orellas”, unha proposta dirixida a público familiar que combina contos tradicionais, música en directo e moito humor.
Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa, que mesturan tradición oral e literatura infantil co ritmo das ondas no maxín. Un encontro para mergullarse no mundo da fantasía e da imaxinación, onde nenos e maiores poderán gozar das historias e da música.
Publicidade
"Desde o Concello convidamos a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa que fai da nosa lingua un camiño de imaxinación compartida, viaxando en galego… ata o infinito e máis alá!"
Yorumlar