Unha exhibición de baile e unha exposición de pintura clausuran as escolas municipais culturais en Arzúa
- Laura Moure
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza esta semana dous actos para clausurar o presente curso das escolas municipais culturais de danza e pintura.
Por unha parte, hoxe, xoves, a Capela da Madanela acollerá ás 19:00 horas a inauguración dunha exposición cunha colección de traballos de fin de curso da aula municipal de pintura que amosará o labor de 30 alumnas e alumnos tanto do grupo infantil como do de persoas adultas. Esta mostra poderá visitarse ata o 21 de xuño de martes a sábados en horario de 18:30 a 20:30 horas.

Por outro lado, os grupos municipais de danza moderna tamén levarán a cabo a exhibición de fin de curso este sábado ás 12:00 horas no Multiusos Terra do Queixo. As dúas aulas que suman 35 alumnas e alumnos dende os 5 ata os 15 anos teñen preparado un festival con diversos bailes e coreografías.
Publicidade
O concelleiro de Cultura, José Luís García, agradece “a implicación de todo o alumnado, das súas familias e das profesoras Cristina e Mónica tanto por todo o traballo desenvolvido durante o curso como polo esforzo extra en organizar estas despedidas do curso”. O concelleiro aproveita a ocasión para “convidar a toda a veciñanza a asistir a estes actos para dar todo o noso apoio e visibilidade”.
Comments