A Asociación Cultural e Veciñal Melidá xa recolleu 700 sinaturas para defender a presa de Don Antonio
- ecosdacomarca

- 28 jul
- 1 min de lectura
O domingo elaborou unha pancarta colectiva
Laura Moure/Melide

A Asociación Cultural e Veciñal Melidá levou a cabo este domingo unha xornada pola tarde na que confeccionou unha pancarta colectiva e recolleu sinaturas. Cabe mencionar que este colectivo ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas coa que busca frear o proxecto previsto na contorna da presa de Don Antonio, na praia fluvial de Furelos, e reclamar unha actuación que compatibilice a recuperación ambiental da zona coa conservación deste elemento patrimonial.
PUBLICIDADE

A pancarta quedará na área recreativa de Furelos como exemplo de arte efímero. "O que non é efímero é a nosa defensa do medioambiente, do noso patrimonio etnográfico, da nosa responsabilidade coas xeracións futuras, da creatividade colectiva e do compromiso social para traballar xuntos por un mundo mellor", sinala o colectivo.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
En canto as sinaturas, onte luns xa tiñan recollidas unhas 700 e cando chegue ás 1.000 presentaraas no Concello de Melide.
PUBLICIDADE
NOTICIAS RELACIONADAS:
A Asociación Cultural e Veciñal Melidá alerta do “perigo de desaparición” da presa da praia de Furelos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-asociaci%C3%B3n-cultural-e-veci%C3%B1al-melid%C3%A1-alerta-do-perigo-de-desaparici%C3%B3n-da-presa-da-praia-de-furel
A Asociación Cultural e Veciñal Melidá recolle sinaturas para defender a presa de Don Antonio: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-asociaci%C3%B3n-cultural-e-veci%C3%B1al-melid%C3%A1-recolle-sinaturas-para-defender-a-presa-de-don-antonio









Comentarios