top of page

A Asociación Cultural e Veciñal Melidá recolle sinaturas para defender a presa de Don Antonio

Ecos da Comarca/Melide

A Asociación Cultural e Veciñal Melidá vén de poñer en marcha unha campaña de recollida de sinaturas coa que busca frear o proxecto previsto na contorna da presa de Don Antonio, na praia fluvial de Furelos, e reclamar unha actuación que compatibilice a recuperación ambiental da zona coa conservación deste elemento patrimonial.


A través desta iniciativa, a entidade solicita, en primeiro lugar, o acceso con carácter urxente ao expediente ou proxecto da actuación, documentación que asegura ter solicitado ao Concello de Melide o pasado 10 de xullo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Así mesmo, reclama a paralización do proxecto no caso de que este contemple a retirada parcial do muro de pedra da tosta, ao considerar que podería afectar a un ben de valor histórico para o municipio.


Como terceira petición, a asociación demanda a elaboración dun novo proxecto que dea resposta ás necesidades de limpeza e descontaminación da área fluvial, pero que, ao mesmo tempo, respecte e preserve a presa de Don Antonio como patrimonio do pobo de Melide.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

O colectivo fai un chamamento á cidadanía para apoiar esta iniciativa mediante a súa sinatura e tamén difundindo a campaña nas redes sociais.


Segundo explica a asociación, a urxencia da mobilización débese a que as obras poderían comezar a partir do 1 de setembro, polo que consideran que o mes de agosto será decisivo para intentar evitar que se execute o proxecto tal e como está previsto.


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page