top of page

A alarma veciñal salta en San Pedro de Losón, en Cruces, tras varios intentos de roubo en vivendas

hace 6 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Garda Civil investiga unha denuncia por un presunto delito de roubo con forza en grao de tentativa rexistrado nunha vivenda da parroquia cruceña de San Pedro de Losón, tal e como informou este mediodía a Oficina de Prensa da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Ademais, segundo trasladan veciños da parroquia, teríanse producido incidencias en polo menos tres vivendas. Nunha delas, os presuntos autores accederon ao interior e revolveron a roupa dos armarios. Noutra tamén conseguiron entrar, aínda que polo momento se descoñece se chegaron a subtraer algún obxecto. Esta segunda vivenda dispoñía de sistema de alarma. Ademais, sempre segundo a información facilitada polos residentes, tamén se tería producido un intento de acceso a unha terceira casa, aínda que neste caso non chegaron a entrar.

 PUBLICIDADE

Pola súa banda, a Garda Civil confirmou que, ao mediodía de hoxe, unicamente constaba unha denuncia formalizada en relación con estes feitos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A situación xerou inquietude entre os habitantes de San Pedro de Losón, que se manteñen alerta ante a posibilidade de novos intentos de roubo e piden a través das redes sociais extremar as precaucións.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page