top of page
Foto del escritorLaura Moure

A 48ª Festa do Queixo de Arzúa congregará 53 queixerías e un total de 68 postos

Laura Moure/Arzúa

A 48ª edición da Festa do Queixo de Arzúa celebrarase esta fin de semana, o 4 e 5 de ás queixerías presentes, esta edición tamén é un éxito, tal e como sinala a organización xa que estará o recinto completo. Haberá 53 queixerías e un total de 68 postos no Recinto feiral, enchendo o límite establecido polo Concello e a organización para esta 48.ª edición.

“Teremos como invitados aos concellos Boimorto e Melide e estará Trujillo, quen leva vindo varios anos como invitado, dado o noso irmanamento con eles, pero este ano por fin estarán presentes cun stand con venta de queixos desta bela cidade estremeña", subliña a organización.


O recinto está dividido en 3 zonas:

  • A zona ‘A’ acollerá unha selección de 9 postos de produtos artesanais e gourmet de alta calidade, como doces artesáns galegos, chocolates, marmelos, pastas, madalenas de mirabel, sidra natural, zumes e aceites ecolóxicos, crema de castañas, mel e licores, conservas de Cantabria, azafrán e pimentón de la Vera, etc.

  • A zona ‘B’ (corredor central) será para as 11 queixerías con DOP Arzúa-Ulloa, as anfitrioas, e tamén o lugar onde estarán o resto de queixos das outras tres denominacións de orixe galegas, do Estado e Internacionais, ao igual que o CRDOP Arzúa-Ulloa e o Concello de Trujillo.

  • A zona ‘C’ para 6 queixerías con certificado de Produtores Lácteos Tradicionais (PLT). todos os queixos, tanto industriais como artesanais, e o resto de produtos alimentarios contarán co obrigatorio rexistro sanitario. Igualmente están presentes o concello de Boimorto, a Asociación Melide Terra Doce e o centro formativo EFA Piñeiral.

NOTICIAS RELACIONADAS


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page