A entrada é gratuita ata completar o aforo
Ecos da Comarca/Arzúa
A Festa do Queixo de Arzúa acaba de confirmar unha nova actuación para o Festival do Queixo: "É un dos concertos máis agardados!Vaia broche para o domingo 5! Actuarán as Tanxugueiras!".

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son tres cantareiras dunha nova época capaces de reinterpretar os sons da tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como "trad".
A entrada é gratis ata completa o aforo. "Os horarios de todos os concertos xunto coa programación completa polo miúdo anunciarémolos este venres 24", sinala a organización.
Resto de actuacións
O resto de actuacións do sábado e domingo da Festa do Queixo de Arzúa (4 e 5 de marzo) no enlace:
NOTICIAS RELACIONADAS
O cartel anunciador desta edición: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cartel-do-santiagu%C3%A9s-ram%C3%B3n-rivas-garc%C3%ADa-anunciar%C3%A1-a-48%C2%AA-festa-do-queixo-de-arz%C3%BAa
Pregoeiro desta edición: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-actor-tamar-novas-ser%C3%A1-o-pregoeiro-da-festa-do-queixo-de-arz%C3%BAa-deste-2023
Gañador do 'Queixo Maquetón': https://www.ecosdacomarca.com/post/os-carballeses-apart-ga%C3%B1an-o-concurso-queixo-maquet%C3%B3n-de-arz%C3%BAa
コメント