top of page

O actor Tamar Novas será o pregoeiro da Festa do Queixo de Arzúa deste 2023

O artista santiagués, afincado en Madrid, está moi vinculado a este concello, pola aldea de seu pai e dos seus avós paternos, Figueroa


Laura Moure/Arzúa

O que fora premio Goya como actor revelación, cunha exitosa carreira cinematrográfica e televisiva, de pai e avós paternos arzuáns, dará o discurso de apertura da Festa do Queixo de Arzúa, o sábado 4 de marzo ás 11 horas no campo da feira da localidade.

Tamar, nacido en Santiago o 3 de outubro de 1986, debutou como actor con tan só 11 anos en A Lingua das bolboretas, e con 18 gañou o Goya Revelación por Mar adentro. Ademais de Jose Luis Cuerda e Alejandro Amenábar, traballou entre outros directores e directoras, ás ordes de Pedro Almodóvar, Isabel Coixet, Milos Forman, Daniel Calparsoro ou Gerardo Herrero.


Ten feito numerosos traballos en televisión, como A vida por diante, Fariña, Altamar, El desorden que dejas, Veneno… E en teatro, con varias producións do Centro Dramático Nacional. Recentemente estreou O Corpo Aberto, e ten pendente de estrea a serie Los pacientes del doctor García e as películas Un pasado por delante, Nowhere ou Justicia Artificial.

O actor santiagués, afincado en Madrid, está moi vinculado a Arzúa, pola aldea de seu pai e dos seus avós paternos, Figueroa. Tamar leva con orgullo as súas raíces e mantén os vínculos con estes lugares, volvendo tanto en festas como o resto do ano para visitar á súa familia e desfrutar da súa terra.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page