top of page

18,5 hectáreas arrasadas no lume forestal da parroquia melidense do Leboreiro

É o segundo incendio na mesma zona en catro días


Laura Moure/IsmaelRS/Melide

A primeira motobomba chegando ao lugar. Autor: Ecos da Comarca.

Como adiantamos en ECOS DA COMARCA, esta pasada noite orixinouse un incendio forestal no municipio de Melide, moi preto da zona que ardeu o pasado venres en Vimianzo, xa no concello de Santiso.

O lume avanzaba moi rápido onte no Leboreiro. Autor: Ecos da Comarca


Segundo os datos proporcionados hoxe pola Consellería de Medio Rural o lume orixinouse na parroquia melidense de Leboreiro sobre ás 23:00 horas.

Para a súa extinción mobilizáronse un total de catro axentes, seis brigadas, catro motobombas e unha pa. Quedou extinguido ás 6:59 horas e a superficie afectada foi de 17,2 hectáreas rasas e 1,3 arboradas, tal e como informa Medio Rural.

Autor: Ecos da Comarca.

O equipo de ECOS DA COMARCA estivemos no lugar ata as 1:30 horas aproximadamente e xa indicamos que o aire estaba facendo que as lapas avanzasen moi rápido facendo moi complicadas as tarefas de extinción. O lume que se iniciara nunha zona próxima a queimada xa o pasado venres foise extendendo a metros da autovía que conectará Santiago con Lugo.


Cabe mencionar, e como xa adiantamos de madrugada ECOS DA COMARCA, por desgraza non foi o único incendio que afectou nas últimas horas ás comarcas. Case á mesma hora orixinouse outro no municipio de Palas de Rei. Toda a información deste no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-lume-da-parroquia-palense-de-merl%C3%A1n-afecta-a-unhas-cinco-hect%C3%A1reas


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page