top of page

O lume da parroquia palense de Merlán afecta a unhas cinco hectáreas

Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

O incendio desta madrugada en Palas de Rei.


Como adiantamos en ECOS DA COMARCA, esta pasada noite orixinouse un incendio forestal no municipio de Palas de Rei.

Segundo os datos proporcionados hoxe pola Consellería de Medio Rural o lume afectou á parroquia de Merlán. Comezou ás 23:23 horas e quedou extinguido ás 5:22 horas. A superficie afectada foi de cinco hectáreas rasas.

O lume de Merlán.

Para a súa extinción mobilizáronse catro axentes, nove brigadas e seis motobombas. Non foi o único orixinado a esa hora nas comarcas. Outro afectou á parroquia melidense do Leboreiro, unha zona próxima á afectada hai catro días por outro lume forestal.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page