Un lume arrasa unhas cinco hectáreas en Vimianzo, no concello de Santiso
- Laura Moure / IsmaelRS
- 19 may 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Santiso

ECOS DA COMARCA desprazámonos esta tarde a un incendio forestal orixinado no concello de Santiso, xa limitando con zonas dos concellos de Melide e Palas de Rei.
As avionetas hoxe no lugar. Autor: Ecos da Comarca
Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural ás 20:30 horas o lume afectou á parroquia de Vimianzo, no concello de Santiso. Iniciouse ás 17:11 horas e está controlado desde as 20:15.
A superficie estimada é dunhas cinco hectáreas.

"Polo de agora, mobilizáronse para o seu control dous axentes, seis brigadas, catro motobombas e tres helicópteros", sinala Medio Rural.
Cabe mencionar que nós que estivemos no lugar tamén vimos que participaron nas labores dúas avionetas. De feito, nalgunha das súas intervencións botaron retardantes que é ese po de cor vermello que chama a atención. Os retardantes do lume son compostos químicos moi eficaces na extinción de incendios forestais. Pode verse no seguinte vídeo que fixemos hoxe:
Autor: Ecos da Comarca

Comments