top of page

Zalo Val e Tamara Barros pechan a tempada cun brillante terceiro posto na I Copa Pirelli AMF Orixe

hace 2 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Deza

O piloto de rali rodeirense Gonzalo Val e a copilota silledense Tamara Barros remataron a tempada cun magnífico terceiro posto na clasificación final da I Copa Pirelli AMF Orixe, poñendo así o broche a un ano de moito traballo, sacrificio e aprendizaxe.

Esta foi a súa primeira tempada completa competindo nunha copa oficial, un reto que comezou moito antes de chegar ás probas. Afrontar un calendario completo supuxo un importante esforzo económico e persoal, tendo que traballar arreo para conseguir reunir o presuposto necesario e poder estar presentes en cada unha das citas do campionato.


A medida que avanzaba a tempada, o equipo foi gañando confianza e ritmo competitivo, conseguindo mellorar proba tras proba. Ese progreso viuse reflectido nos resultados, destacando especialmente os dous terceiros postos acadados no 3º RallySprint de Silleda e no 8º Rallye de Pontevedra, que contribuíron a consolidar a súa posición na clasificación xeral da Copa.

 PUBLICIDADE

Finalmente, o esforzo de toda a tempada tivo a súa recompensa cun terceiro posto final na I Copa Pirelli AMF Orixe, un resultado moi importante para un equipo que afrontaba por primeira vez o desafío de completar un campionato destas características.


Desde o equipo queren agradecer de maneira especial a todos os patrocinadores que fixeron posible este proxecto, xa que sen o seu apoio sería moi complicado sacar adiante unha tempada completa. Tamén queren dar as grazas á Escudería Lalín-Deza, pola súa acollida e por facelos sentir parte da familia durante todo o campionato.


Coa tempada xa rematada, a mirada está posta no próximo ano. O obxectivo é claro: dar un paso máis e loitar polo primeiro posto da Copa. Para iso, xa se están mantendo conversas cos patrocinadores actuais coa intención de renovar a súa confianza e continuar xuntos este proxecto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ademais, o equipo espera que os resultados acadados, o terceiro posto no campionato e a experiencia acumulada durante este ano sirvan como carta de presentación para atraer novos patrocinadores que queiran sumarse á aventura e axudarlles a dar ese paso adiante.


Unha tempada de moito sacrificio, ilusión e aprendizaxe que remata cun podio na Copa e coa motivación intacta para volver máis fortes e ambiciosos o próximo ano.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page