top of page

O Concello e a Asociación de Comerciantes de Silleda impulsarán dúas novas iniciativas en Nadal

hace 4 minutos
2 min de lectura

A campaña «Regala Silleda» e a xincana comercial «Navidecos», que se celebrará tanto en Silleda como na Bandeira, centran as novas propostas de colaboración


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda e a Asociación de Comerciantes ECOS colaborarán este Nadal na posta en marcha de dúas novas iniciativas destinadas a incentivar as compras nos establecementos locais e dar maior visibilidade á oferta comercial do municipio. As propostas foron abordadas nunha reunión mantida entre a concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín, e a directiva de ECOS, na que tamén se avanzaron as principais liñas da programación de Nadal que está a ultimar o Concello e que volverá incluír actividades de dinamización do comercio e da hostalaría local.

Unha das novidades será «Regala Silleda», unha campaña de promoción l impulsada polo Concello na que os protagonistas serán os propios establecementos comerciais. Con esta proposta búscase dar a coñecer a diversidade da oferta comercial do municipio e animar á veciñanza a realizar as súas compras de Nadal nos establecementos de proximidade, incidindo nas vantaxes de mercar no comercio local.


A segunda iniciativa será «Navidecos: Á procura do tesouro de Nadal», unha actividade lúdica que combinará a resolución de pistas coa visita aos establecementos participantes. A proposta desenvolverase en dúas xornadas diferenciadas durante o Nadal co obxectivo de achegar a actividade aos dous núcleos comerciais do municipio.

 PUBLICIDADE

Os participantes, organizados en equipos, deberán percorrer distintos negocios, superar pequenas probas e reunir as pistas necesarias para descubrir o tesouro final. Todos os equipos participantes entrarán no sorteo do premio final. A actividade permitirá dar a coñecer os comercios dun xeito diferente, favorecendo a entrada de público nos establecementos e o contacto directo coa súa oferta de produtos e servizos.


Colaboración co tecido comercial

Desde o Concello destácase a importancia de continuar impulsando iniciativas en colaboración coaentidade, combinando a promoción dixital con actividades presenciais que contribúan a dinamizar as rúas e os establecementos. O goberno municipal agradece a disposición da directiva de ECOS para traballar conxuntamente nestas novas accións e subliña que a colaboración co comercio local seguirá sendo unha das liñas de actuación da programación municipal de Nadal, xunto co alumeado, a decoración e as actividades culturais, musicais e festivas previstas para estas datas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"Queremos que a veciñanza descubra todo o que pode atopar nos negocios do municipio e que, á hora de escoller os agasallos de Nadal, pense primeiro no comercio de proximidade. Con estas dúas iniciativas buscamos dar visibilidade aos establecementos e atraer público tanto a Silleda como á Bandeira", destaca a concelleira.


Durante o encontro tamén se aboradaron cuestións como a campaña do Venres Negro, na que o Concello tamén participará.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page