Xuntos retira a pancarta da estrada PO-960 que colgaba no balcón do Consistorio cruceño
- ecosdacomarca

- 9 jun 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Este pasado martes o goberno de Vila de Cruces formado por Xuntos polo Noso Concello decidiu retirar a pancarta reivindicativa da estrada PO-960 que lucía no Consistorio. "Esta decisión vén adoptada ao ter o goberno de Xuntos unha excelente relación co goberno da Xunta de Galicia, o cal hai uns días comprometéronse á reparación da devandita estrada cun investimento de case 1.000.000 de euros", un investimento que segundo o alcalde, Luis Taboada, "era un compromiso adquirido polo seu goberno e que, tras tres anos de visitas á Xunta de Galicia e reunións con Ethel Vázquez, trouxeron os seus froitos en forma de ratificación da reparación da PO-960", o que o goberno de Xuntos agradece enormemente.

Do mesmo xeito que agradeceu a Xunta de Galicia "cando conseguiu a xornada laboral completa da nova pediatra, cando a oposición conformábase cun horario parcial, incluso se falaba de compartila con Silleda, algo que o goberno de Xuntos nunca estivo de acordo e loitou por unha pediatra en exclusividade como o final ratificou a Xunta de Galicia". Aínda que tamén é certo que o goberno de Xuntos ten unha gran relación co goberno da Deputación de Pontevedra, "que nos últimos anos investiu unha gran suma económica na vila, a última e máis cuantiosa foi a calle Vázquez, á que agora lle fai sombra o investimento da Xunta na PO-960".
Taboada afirma que "é unha persoa dialogante e paciente, das que pensan que se pode ter boa relación con ambas administracións sempre que se beneficie aos veciños e veciñas de Vila de Cruces, como demostrou nestes últimos anos. Eu non busco confrontación, senón entendemento e sinerxías conxuntas para mellorar a calidade dos habitantes de Vila de Cruces", recalca.







Comentarios