top of page

XuntaEu xa permite trasladar suxestións e queixas desde o móbil e suma preto de 160.000 descargas

Incorpora o carné de pesca fluvial, que se suma aos 17 xa integrados na app


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta vén de actualizar a aplicación XuntaEu incorporando a posibilidade de trasladar queixas e suxestións directamente desde o móbil, así como un novo carné —o de pesca fluvial— co que xa son 18 os documentos dixitais integrados na app. A ferramenta suma preto de 160.000 descargas, consolidándose como unha canle áxil e segura para a relación da cidadanía coa Administración autonómica.

A Administración autonómica puxo en marcha esta aplicación para facilitar e simplificar o acceso dos cidadáns aos servizos dixitais. Desde a súa publicación, XuntaEu foi incorporando progresivamente melloras e novas utilidades que amplían as súas prestacións. A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos iOS e Android e permite acceder dun xeito seguro aos servizos dixitais da Xunta a través de Chave365, o DNI electrónico ou un certificado dixital.


A través de XuntaEu, as persoas usuarias poden consultar, aceptar ou rexeitar desde o móbil as notificacións remitidas pola Administración autonómica a través do sistema Notifica.gal. Ademais, poden acceder á información básica dos seus expedientes e presentacións e acceder a  sede electrónica para continuar a súa tramitación. Tamén é posible consultar as citas programadas coa Administración, acceder ou dar de alta apoderamentos no Rexistro Electrónico de Apoderamentos de Galicia, xestionar a baixa no sistema Chave365, modificar datos persoais almacenados na Carpeta Cidadá ou recibir avisos personalizados.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Outra das funcionalidades destacadas é a posibilidade de comprobar a validez de documentos asinados electronicamente, tanto de maneira manual como mediante o uso da cámara do dispositivo para escanear o código QR.


No que respecta aos documentos dixitais, XuntaEu integra actualmente 18 tarxetas e carnés emitidos pola Xunta de Galicia, que poden ser validados por terceiros directamente desde o dispositivo móbil a través dun código QR. Entre eles inclúense diferentes licenzas e acreditacións oficiais, aos que agora se suma o carné de pesca fluvial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ademais, a aplicación proporciona acceso aos certificados dispoñibles da persoa usuaria, como o certificado de habilitacións profesionais ou distintas licenzas de pesca marítima de recreo. XuntaEu tamén permite achegar documentación aos expedientes administrativos directamente desde o móbil e unha canle de WhatsApp para resolver dúbidas técnicas relacionadas co funcionamento da aplicación.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page