Xa hai unha quincena de persoas anotadas para a ruta do Goza do Ulla en Agolada
- ecosdacomarca

- 29 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Será o día 13 de agosto e os interesados en asistir deberán anotarse previamente
Ecos da Comarca/Agolada

Está aberto o prazo para anotarse na ruta do Goza do Ulla, que terá lugar o día 13 de agosto pola parroquia agoladesa de Ramil. A día de hoxe xa hai unha quincena de inscritos. Os interesados en asistir deberán anotarse previamente a través do teléfono 986 78 80 62 extensión 3002 ou do correo prensagolada@agolada.es
O punto de partida será ás 10:00 horas dende a Eira da Xoana de Ramil. A distancia é duns 10 quilómetros e a dificultade é media. Trátase dun roteiro circular de interese ambiental e cultural. Os asistentes partirán dende a Eira da Xoana e alí poderán coñecer, tras o percorrido, a historia de recuperación deste inmoble. Despois, a ruta transcorrerá pola Canle de Ramil podendo desfrutar do río Ulla e de paraxes únicas. O camiño elixido levará aos participantes ata o monte de Basadroa, onde se informará dos petróglifos e mámoas que podemos atopar pola contorna. Aconséllase levar roupa e calzado cómodos e auga, e incluso, algunha froita e quen o desexe pode traer comida para xantar despois no entorno da Eira da Xoana.







Comentarios