Xa está aberto o prazo para anotarse na XII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 min de lectura
A cita deportiva será o 27 de setembro
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro celebrará o domingo 27 de setembro de 2026 a XII edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, unha cita deportiva que reunirá corredores e corredoras de diferentes idades e categorías.

A proba dará comezo ás 10:30 horas, coa saída e chegada situada na rúa Pucho Boedo. A carreira absoluta contará nesta edición cun novo circuíto, dunha soa volta e cunha distancia aproximada de 10 quilómetros.
As inscricións para participar poden realizarse a través da plataforma Carreiras Galegas. No caso das categorías escolares, desde pitufos ata sub-18, a participación será gratuíta, mentres que a inscrición na proba absoluta terá un custo de 7 euros por participante.
PUBLICIDADE
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o xoves 24 de setembro ás 23:59 horas. A organización lembra que non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o mesmo día da carreira.
Categorías e horarios
A xornada comezará ás 10:30 horas coas categorías sub-20, sub-23, sénior e máster, que percorrerán aproximadamente 10 quilómetros. Posteriormente disputaranse as diferentes probas escolares, desde pitufos, cun percorrido de 150 metros, ata sub-18, que afrontará unha distancia de 3 quilómetros.

Os horarios previstos para as categorías escolares serán: pitufos ás 12:40 horas, prebenxamín ás 12:35, sub-10 ás 12:25, sub-12 ás 12:10, sub-14 ás 12:10 e sub-16 e sub-18 ás 11:50 horas.
Premios para as diferentes categorías
A organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría, así como aos tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto na categoría masculina como feminina. Tamén recibirán trofeo o primeiro club masculino e o primeiro club feminino da clasificación final.
A entrega de premios está prevista para as 13:00 horas
PUBLICIDADE
Para resolver calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 981 504 029, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, ou a través do correo electrónico deportes@concellodetouro.gal
A XII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro conta coa colaboración do Concello de Touro, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Carreiras Galegas.








Comentarios