top of page

Vázquez salienta en Melide o papel das asociacións de mulleres na defensa de intereses colectivos

Onte entregáronse os premios a Asociacións e Mulleres con Luz


Ecos da Comarca/Melide

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo onte en valor o papel das asociacións de mulleres na defensa de intereses colectivos durante a súa participación na entrega de premios a Asociacións e Mulleres con Luz, celebrado en Melide.


Nese senso, a conselleira, que estivo acompañada da directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, enxalzou o traballo que levan a cabo entidades como a Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide Alecrín, promotora destes galardóns e do encontro de entidades no marco do que tivo lugar, para contribuír ao empoderamento e conseguir que “a voz das mulleres do rural se escoite máis forte”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

“Nunha asociación coñecemos casos similares ao noso, compartimos experiencias de éxito e de fracaso, e podemos atopar solucións”, subliñou Ángeles Vázquez, que engadiu que “o asociacionismo fainos máis fortes cos mesmos recursos”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, no rural, estas asociacións serven como espazo de encontro con capacidade de organización e convocatoria para desenvolver accións e iniciativas que promovan o benestar social e o desenvolvemento económico que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida nesas áreas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Nesa liña, Ángeles Vázquez indicou que o seu departamento está a traballar para garantir que ese desenvolvemento sexa respectuoso co medio ambiente garantindo a protección da biodiversidade, impulsando unha xestión sostible do territorio, promovendo a economía circular e apostando polos produtos de proximidade.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page