top of page

Volve a Silleda o certame de microrrelatos, ca muller labrega como protagonista

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Haberá dúas categorías e o premio será unha tablet e vales de compra para os gañadores e abre este luns o prazo para participar, que se estende ata o 14 de maio


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos. O certame, que se vén celebrando xa dende hai nove anos, está dirixido a todas as persoas maiores de seis anos que estén empadroadas en Silleda.


Ao igual que en anos anteriores establécense dúas categorías: de seis a 12 anos e de 13 anos en adiante. O lema deste ano é A muller labrega e o xurado valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán de estar escritos íntegramente en galego. Poderán presentarse en dous formatos: escrito a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) ou a man (cun máximo de 100 palabras). Presentaránse en DIN A 4, firmados con pseudónimo e metidos en sobre pechado no que se incluirá aparte datos do autor/a (nome, DNI, teléfono, enderezo…).


Os traballos, acompañados dun anexo que deberán de cubrir as persoas participantes, deben enviarse ao mail info@silleda.gal e de xeito excepcional poderán entregarse tamén no Rexistro muncipal. O prazo ábrese este lunes día 19 de abril e rematará o vindeiro 14 de maio.

Gañadores da edición de 2018.

Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán como premio unha tablet valorada en 100 euros e vales de compra de 20 euros para canxear en comercios do municipio de Silleda. Ademais, se pertencen a algún centro educativo do Concello de Silleda entregarase outro vale de 50 euros para mercar libros en galego para o citado centro, en establecementos do municipio.


Antes do 17 de maio

O xurado encargado de elixir os traballos gañadores estará formado por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira de Normalización Lingüística. O fallo darase a coñecer antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas. “O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que retomamos agora e que vén contando nos últimos anos cunha alta participación”, comenta a concelleira. As bases do certame publicarase tamén na web municipal silleda.gal.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page