Volta a Silleda o programa Anduriña con clases de español e galego para a poboación inmigrantes
- Laura Moure
- 28 mar
- 1 Min. de lectura
Haberá sesións para adultos e tamén aulas infantís de lingua galega impartidas por persoas voluntarias a través do Plan Municipal de Voluntariado do Concello
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda a través do departamento de Benestar, que dirixe Ángela Troitiño, retoma o programa Anduriña. Trátase dun programa de alfabetización e inserción sociocultural para a poboación inmigrante que vive no municipio. Como novidade, estas sesións serán impartidas por persoas inscritas como voluntarias no Concello de Silleda, que puxo en marcha a finais do pasado ano o Plan Municipal de Voluntariado.

A través desta iniciativa, impartirase novamento clases de español e aulas de galego tanto para persoas adultas coma para nenos e nenas.As sesións celebraránse na Casa da Xuventude, sita na rúa Trasdeza. O curso de lingua castelá será os martes (10:00 a 12:00 horas) e as de lingua galega os xoves, tamén no mesmo horario.
No caso das aulas de galego para nenos e nenas, faránse dous grupos: os xoves de 19:15 a 20:15 e os venres de 19:30 a 20:30 horas. Estas sesións realizanse así mesmo en colaboración cos centros educativos do municipio a través da derivación do alumnado.
Publicidade
As clases darán comezo o vindeiro mes, despois da Semana Santa e impartiranse ata o mes de xuño. As clases son de balde e para inscribirse deben dirixirse ao departamento de Benestar ou ben chamar ao 986 592 037. Dende o departamento de Benestar, Ángela Troitiño agradece a colaboración das persoas voluntarias que participan nesta iniciativa, así como dos centros educativos.
Comments