top of page

O Mes do Cocido de Lalín incluirá 24 restaurantes que ofrecerán menús de entre 32 e 50 euros

hace 4 minutos
3 min de lectura

Reúne 72 solicitudes de negocios locais

Laura Moure/Lalín

Un total de 72 negocios locais presentaron a súa solicitude para participar como patrocinadores a adherirse ao compromiso de calidade do Mes do Cocido, no marco da 59ª Feira do Cocido de Lalín de 2027. Así o explica a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, quen sinala que 24 destas solicitudes corresponden aos establecementos de restauración que configurarán o cartel oficial do 29º Mes do Cocido, con prezos que oscilarán entre os 32 e os 50 euros.


A concelleira considera que esta participación constitúe “unha mostra clara do apoio do noso tecido empresarial e do compromiso real que produtores, hostaleiros e distribuidores teñen coa excelencia gastronómica e coa identidade propia da nosa Feira”. A convocatoria reúne negocios de distintos sectores, desde a produción e transformación de alimentos ata a restauración e o comercio, nunha edición na que está prevista a posta en marcha inicial do Selo de Calidade do Cocido.

O compromiso de calidade que subscriben os participantes recolle a súa responsabilidade coa calidade dos produtos e dos servizos, a trazabilidade, a profesionalización e o respecto pola tradición culinaria vinculada á Feira. No caso dos restaurantes, a adhesión combina a súa presenza na oferta oficial do Mes do Cocido coa condición de patrocinadores do evento, co obxectivo de ofrecer garantías á veciñanza e ás persoas que visitan Lalín para degustar este prato.


Os 24 restaurantes

A oferta do 29º Mes do Cocido estará integrada por Casa San Martín, Casa Currás, Restaurante Cabanas, Restaurante La Molinera, Hotel Restaurante Pontiñas, Bar Restaurante Suso, Restaurante-Parrillada La Robleda, Mesón O Cruce, Casa do Patrón Restaurante, Pazo de Bendoiro, Restaurante Casa Pablo e Restaurante Kilómetro 0.

Completan a relación Hotel Spa Norat Torre do Deza, Bar O Polo, Pensión Las Palmeras, Restaurante D’Culler, Restaurante Parrillada Villanueva, Restaurante María José, Parrillada Taboada, Restaurante Bar Sazón & Son, Onde Antonio Mouriscade, Parrillada Airiños, Kalinka Lagazós e Fogar de Breogán.


Estes establecementos conformarán unha oferta distribuída por diferentes puntos do municipio, que permitirá escoller entre distintas propostas para gozar do cocido dentro do programa oficial, cun intervalo de prezos de entre 32 e 50 euros.


Participación dos produtores

Xunto aos restaurantes, a relación de solicitudes inclúe negocios que se incorporan como patrocinadores do Mes do Cocido e se adhiren ao compromiso de calidade vinculado á Feira. A súa presenza abrangue boa parte da cadea alimentaria local, ademais doutros establecementos comerciais e hostaleiros.


No sector das carnicerías e empresas cárnicas figuran oito negocios: Embutidos Lalinense, Hiper-carne, A Tenda do Roque, Cárnicas Anzo, A Principal Carnicería, Cárnicas Pereiro’s, Carnicería Besteiro e Cárnicas M.ª Castro.

 PUBLICIDADE


Na relación de panaderías e pastelerías aparecen trece establecementos: Panadería Balado, Panadería da Morena, Panadería Matelo, O Pan de Vane, Panadería Fernando, Panadería Lage, Panadería Galipan Plaza, Forno Nercellas, Confitería París, Doce Arte, Pastelería La Artesana, Dulces Encantados e Panadería Pedro.


O apartado de queixerías e lácteos reúne catro empresas: Queixos Hoxe, Cobideza Soc. Cooperativa, Lácteos Anzuxao e Kalekoi SL.


En viños, licores e outras distribucións constan sete participantes: Disanfa SL, Distribuciones Javier Vázquez, Exclusivas Campos, Vinos Manuel Gil, Deza Distribuciones, Disferga Lalín e Deza Comercial.


O sector do mel está representado por tres produtores: Mel de Liñares, Mel do Saldoiro e Mel O Cortizo.


Finalmente, o apartado de outros establecementos inclúe trece negocios: Lalín-Frut SL, Almacenes Loño, Frutería e Golosinas Maragota, Charo Floristas, Restaurante Parrillada Sanmartín II, Hotel Restaurante Naval do Espiño, Café Bar Currás, Café Bar Alfonselle, Cafetería O Asubio, Taberna Café, Abastos, Asador Arcón e Fruterías Doi.


Esta participación permite vincular a promoción do Mes do Cocido cos negocios que producen, elaboran, distribúen e comercializan os alimentos asociados á gastronomía lalinense. O apoio á Feira esténdese así ao tecido económico que contribúe a manter esta oferta ao longo do ano.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Selo de Calidade

A edición de 2027 contará coa posta en marcha inicial do Selo de Calidade do Cocido, concibido para distinguir a oferta gastronómica e os produtos agroalimentarios vinculados ao prato lalinense. A implantación prevista será progresiva e centrarase, nunha primeira fase, nos establecementos de restauración e nos produtores e transformadores directamente relacionados co cocido. O obxectivo é reforzar a calidade da oferta e dar visibilidade ao traballo que se desenvolve desde a orixe dos alimentos ata o seu servizo na mesa.


A proposta presentada ao sector prevé unha adhesión voluntaria, suxeita ao cumprimento dos requisitos do seu regulamento. Entre os criterios recollidos están o emprego de materias primas de calidade e de proximidade, o respecto pola elaboración tradicional, a atención ao público e a transparencia nos prezos. No ámbito da produción, ponse o acento na orixe dos alimentos, na súa vinculación co territorio e na conservación dos procesos tradicionais. Este distintivo busca ofrecerlles ás persoas consumidoras unha referencia recoñecible e contribuír á promoción conxunta da restauración e dos produtos locais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page