top of page

Alerta amarela por fortes precipitacións na provincia da Coruña e en Pontevedra

hace 2 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia emitiu onte un aviso de nivel amarelo por fenómenos meteorolóxicos adversos debido ás precipitacións previstas para as próximas horas.

Segundo a información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio afectará os ámbitos xeográficos do oeste, suroeste e interior da provincia da Coruña, así como a toda a provincia de Pontevedra, polo tanto afectará ás comarcas de Arzúa, Deza e Terra de Melided.

 PUBLICIDADE

O aviso estará activo desde as primeiras horas da mañá deste luns, 16 de novembro, ata a madrugada do martes 17. Durante este período poderanse rexistrar precipitacións acumuladas de ata 60 litros por metro cadrado en 12 horas.


Ante esta previsión, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda adoptar as medidas preventivas necesarias e, se é preciso, alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Así mesmo, lembra que ante calquera situación de emerxencia a cidadanía debe chamar ao 112.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page