top of page

Vitoria para Daniel Berdomás e Brais Mirón no 30º Rali do Cocido – Disiclín

Mentres os da Terra de Melide Alberto Otero e Jordan Vázquez acadaron a segunda posición e a terceira foi para o palense Luis Vilariño e David Míguez


Ecos da Comarca/Lalín

Final moi emocionante na trixésima edición do Rali do Cocido de Lalín, marcada polo abandono de Alberto Meira e Avelino Martínez cando lideraban a proba, o que cambiou por completo o desenlace da carreira. Daniel Berdomás e Brais Mirón realizaron un rali sólido e constante, mantendo sempre un ritmo competitivo co seu Citroën C3 Rally2, e conseguiron así unha vitoria máis que merecida. É o seu primeiro triunfo nesta proba e colócaos como primeiros líderes da tempada 2026.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Mentres os da Terra de Melide Alberto Otero e Jordan Vázquez acadaron a segunda posición tras unha intensa loita durante toda a xornada co palense Luis Vilariño e David Míguez. Finalmente aseguraron a praza de subcampións cunha vantaxe de 15,3 segundos. Luis Vilariño e David Míguez, no seu regreso ao Campionato Galego de Rallyes, completaron un rali de menos a máis e lograron o terceiro posto, demostrando que seguen mantendo un bo ritmo competitivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

𝐂𝐥𝐚𝐬𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐥 (𝐩𝐫𝐨𝐯𝐢𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥) – 𝟑𝟎º 𝐑𝐚𝐥𝐢 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐜𝐢𝐝𝐨 – 𝐃𝐢𝐬𝐢𝐜𝐥𝐢́𝐧

 Daniel Berdomás - Brais Mirón 55:04.4

 Alberto Otero - Jordan Vázquez +1:08.9

 Luis Vilariño - David Míguez +1:24.2

 José Lamela - Unai Conde +1:49.4

 Manuel Souto - Pablo Gregorio +2:11.2

 Iago Caamaño - Alberto Rodríguez +2:17.7

 Antonio Pérez - Diego Vázquez +3:59.6

 Javier Ramos - Alejandro Moure +4:45.2

 Adrián Díaz - Diego Rodríguez +4:51.4

 Miguel Gayoso - Carlos Guitian +5:23.5

Nos vindeiros días publicaremos vídeo!



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page