top of page

Vitoria do Real Madrid "con golazos" de Bellingham e do silledense Joselu

Ecos da Comarca/Silleda

O Real Madrid derrotou ao Manchester United no NRG Stadium de Houston e, tras vencer ao Milan na súa estrea, sumou a súa segunda vitoria no Soccer Champions Tour. Foi clave, tal e como recolle a páxina oficial do REAL MADRID, para logralo o primeiro tanto de Bellingham como madridista. O inglés, MVP do duelo, coroou a magnífica primeira parte que disputou cun golazo de vaselina tras unha precisa asistencia desde o seu campo de Rüdiger. Xa no 89’, o silledense Joselu conectou unha sensacional chilena para sentenciar.

Joselu. Autor: Helios de la Rubia.

O encontro non puido comezar mellor. Aos seis minutos, Rüdiger asistiu a Bellingham cun preciso pase en longo e o control e a definición do inglés foron sublimes. O novo xogador do equipo estreouse como goleador baixando o balón co seu pé esquerdo e superando a Onana no man a man cunha bonita vaselina coa dereita. Tratou de empatar o Manchester United dous minutos máis tarde, pero o disparo de Garnacho foise alto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mediada a primeira metade puido ampliar distancias ViniJr. O brasileiro recibiu escorado na banda esquerda, fixou a dous defensas rivais e o seu posterior disparo no 25’ obtivo unha gran estirada de Onana. A resposta do Manchester United chegou once minutos despois, pero o remate de Rashford, no man a man con Lunin, non atopou portería por centímetros.


Ancelotti deu entrada tras o descanso a Militão, Nacho, Lucas Vázquez, Valverde, Kroos e Mendy. O Manchester United adiantou liñas en busca do empate e puido logralo cun disparo afastado de Garnacho e outro de McTominay dentro da área, ante os que se luciu Lunin no 56’ e 65’ respectivamente. "O noso equipo respondeu e Onana, sobre a liña de gol, evitou no 66’ o segundo gol tras o remate de Joselu previo pase de Brahim", sinala o Real Madrid.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O partido era xa de ida e volta e os de Ancelotti volveron xerar outra xogada de perigo. Kroos sacou o córner no 69’, Militão prolongou ao segundo pau coa cabeza e o remate de Joselu non terminou en gol porque se estrelou no poste. De aí ata o final, os de Ancelotti apenas concederon oportunidades ao seu rival e sentenciaron no 89’ co outro golazo. Centrou Lucas Vázquez e Joselu levou o balón á rede cunha plástica chilena.


**CRÓNICA. 27/07/2023. Alberto Navarro. Fotógrafo: Antonio Villalba e Helios de la Rubia (Los Ángeles). PÁXINA OFICIAL DO REAL MADRID. ESTA INFORMACIÓN E VÍDEO DO PARTIDO no enlace https://www.realmadrid.com/noticias/2023/07/27/2-0-victoria-con-golazos-de-bellingham-y-joselu-


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page