top of page

Vila de Cruces publica un bando municipal para actualizar a base de datos dos criadores de galos

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, revisando a documentación que se atopa no Concello da base de datos de criadores do galo de curral de Vila de Cruces deuse conta de que non se actualizan estes datos en décadas e é moi probable que moitos criadores non se atopen correctamente anotados nesta base de datos municipal. Co obxectivo de ampliala e actualizala, López solicitoulle ao alcalde, Luís Taboada, a publicación dun bando municipal este venres, para poñer en coñecemento de todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces que estean interesados en figurar nesta base de datos municipal, un correo electrónico e un teléfono móbil para a súa comodidade á hora de dar a devandita información.

López anima a todos os criadores de Vila de Cruces, que non dubiden en poñerse en contacto para ser incluídos nesta listaxe, xa que é a única forma que ten o Consistorio de poder poñerse contactar con eles para que poidan participar nas próximas promocións, celebracións, subvencións e actividades que se realicen dende o concello, e poñan en valor o produto típico de Vila de Cruces.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page