Vila de Cruces incorpora un novo tractor para facer tarefas de desbroce e limpeza
- ecosdacomarca

- 23 abr
- 1 min de lectura
O Valtra T175 Direct foi adquirido á empresa local HITRAF
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces incorpora un novo tractor a súa maquinaria agrícola para facer tarefas de desbroce e outros traballos de limpeza no municipio, coa fin de sumar esforzos e mellorar o futuro do rural crucense.
PUBLICIDADE
O alcalde, Luís Taboada, explica que están moi satisfeitos con esta adquisición, para a
área de Vías e Obras, que supón un paso máis na mellora dos medios cos que conta o
municipio. “O noso obxectivo é traballar dun xeito máis eficiente, áxil e sostible, á altura
do que precisa un concello rural como o noso. Seguimos avanzando para ofrecer un
mellor servizo á veciñanza e coidar cada recuncho da nosa contorna como se merece”,
manifesta.
PUBLICIDADE
O tractor Valtra T175 Direct foi mercado por 170.000 euros á empresa cruceña
HITRAF, a quen o Concello agradece a súa proximidade, confianza e profesionalidade
“Apoiamos ao tecido empresarial local, porque cremos no talento, no esforzo e no bo
facer das empresas da nosa contorna”, indica o rexedor.








Comentarios