top of page

Vila de Cruces dá a coñecer aos veciños o proxecto da rúa Vázquez

23 ene 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este venres o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, mantivo unha reunión cos veciños e veciñas de Vila de Cruces para expoñer o proxecto da rúa Vázquez. "Un proxecto moi ambicioso que busca a modernización e mellora nas canalizacións e servizos da calle central do núcleo urbano cun investimento de preto de 900.000 euros", subliña o Concello.

Na primeira fase a redistribución da rúa Vázquez vai beneficiar a mobilidade peonil, quedando un sentido único de circulación, cun ancho de 3,70 metros e unha zona de aparcamento en liña, cun ancho de 2,30 metros ao longo de toda a rúa nunha das súas marxes. Mentres tanto, na outra colocaranse xardineiras e bancos. "Mellorando tamén os cruces coas rúas perpendiculares para facilitar o radio de xiro dos vehículos e ampliando as sendas para favorecer o tránsito peonil", recalca o Concello.

A reunión prolongouse durante máis dunha hora e media, "na que se puido comprobar a boa aceptación do proxecto, que como dicían os veciños “este proxecto fai avanzar a Vila de Cruces e facela unha vila máis moderna e adaptada aos novos tempos”, sinala o Concello.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page