Vila de Cruces convoca un concurso de decoración de Nadal para comercios e hostalaría
Un xurado avaliará as propostas, que se poderán presentar ata o 9 de decembro, e repartiranse 740 euros en premios
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces convoca unha nova edición do ‘Concurso de Decoración de Nadal de Comercios e Hostalaría’, un certame destinado a fomentar a participación dos
establecementos para contribuír á dinamización da actividade económica local e á creación dun ambiente festivo nas rúas e locais do municipio.

Poderán participar no concurso, de forma gratuíta, establecementos situados no termo
municipal de Vila de Cruces que se atopen en funcionamento durante o período de
celebración do concurso, distribuídos en dúas categorías. A categoría A está destinada a
comercio e servizos, para comercios de venda polo miúdo de calquera sector; salóns de
peiteado e barberías, centros de estética, beleza e benestar, centros de fisioterapia e
outros servizos sanitarios privados, academias e centros de formación, xestorías,
asesorías, inmobiliarias e axencias de seguros, talleres de reparación e mantemento,
lavandarías, tinturarías e outros servizos persoais, e outros establecementos de
prestación de servizos con atención presencial ao público. E a categoría B a hostalería,
para bares e cafeterías; restaurantes e casas de comidas; pubs e establecementos de
ocio; e outros establecementos de hostalaría.
Ademais, poderán participar outros negocios, sempre que dispoñan dun establecemento
físico aberto ao público no municipio. Cada establecemento poderá participar nunha única
categoría, segundo a súa actividade principal. A decoración deberá estar relacionada coa
temática do Nadal e poderá empregar libremente os materiais, elementos ornamentais e
recursos que considere oportunos cada participante.
PUBLICIDADE

Na categoría de comercio e servizos valorarase principalmente a decoración dos
escaparates, fachadas, accesos e outros espazos visibles desde o exterior. Na categoría
de hostalaría poderase valorar tanto a decoración exterior como a ambientación dos
espazos interiores destinados á clientela. Os elementos decorativos deberán respectar as
condicións de seguridade e accesibilidade dos establecementos. As decoracións deberán
permanecer instaladas desde o 12 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027. O
prazo de presentación de solicitudes, coa entrega da documentación obrigatoria no
rexistro do Concello, rematará o 9 de decembro de 2026. A convocatoria, os anexos e formularios estarán dispoñibles na páxina web do concello www.viladecruces.gal
O certame disporá dun xurado integrado por un membro da corporación municipal, que
actuará como presidente, e catro veciños de Cruces, sendo un deles o secretario. Valorará as decoracións das dúas categorías atendendo a criterios de presentación e composición, orixinalidade, integración coa actividade do establecemento, e adecuación á temática do Nadal. Os mesmos criterios aplicaranse ás dúas categorías. Os escaparates deberán permanecer iluminados polo menos ata as 22:00 horas durante a campaña do Nadal.
PUBLICIDADE
Outorgaranse tres premios por categoría, repartindo un total de 740 euros. O primeiro premio será de 175 euros, o segundo de 125 euros e o terceiro de 70 euros, nas dúas
categorías. Os premios de ambas as categorías serán independentes e non acumulables
entre si. O prazo de resolución e notificación será de 1 mes contado a partir do remate do
prazo de presentación de solicitudes.
Cabe mencionar que o Concello de Vila de Cruces tamén ten en marcha a primeira edición do ‘Concurso de Decoración de Nadal de Vivendas 2026. Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-cruces-convoca-a-primeira-edici%C3%B3n-do-concurso-de-decoraci%C3%B3n-de-nadal-en-vivendas








Comentarios