top of page

O Concello de Rodeiro acaba as obras de mellora do vial en Río cun investimento de 70.000 euros

hace 5 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro vén de rematar as obras de mellora do vial que comunica a estrada da Deputación coa panadería, na parroquia de Río, en dirección a Suime. A actuación contou cun investimento aproximado de 70.000 euros.

Os traballos permitiron acondicionar este tramo viario, mellorando as condicións da vía e facilitando a circulación e os desprazamentos da veciñanza.

 PUBLICIDADE

O alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, xunto co tenente de alcalde, Alberte Lamazares e  Manuel Deza destacaron a importancia de continuar investindo na mellora da rede viaria municipal e avanzaron que neste mesmo momento están executando novas actuacións na parroquia de Fafián e Santabaia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Con estas intervencións, o Concello continúa desenvolvendo actuacións de mellora e acondicionamento dos viais nas distintas parroquias do municipio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page