top of page

Vila de Cruces convoca o concurso de carteis do XXXII Festival de Bandas de Música de Galicia

Entregaranse premios ás tres categorías –de ata 16 anos, de 17 a 64 anos e a partir de 65 anos– valorados en 300 euros


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces convoca o concurso de carteis para o XXXII Festival de Bandas de Música de Galicia, enmarcado nos actos da Festa do Galo de Curral deste ano. Poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello.

 PUBLICIDADE

O concurso establece tres categorías: ata 16 anos, de entre 17 e 64 anos e a partir de 65 anos. O Concello repartirá en total 300 euros en premios, a razón de 75 euros para o primeiro clasificado de cada categoría e outros 75 euros para o deseño gañador que será a imaxe do festival (premio acumulativo) e que se escollerá entre os tres gañadores.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os participantes deberán entregar o seu traballo en formato A3 vertical e con técnica libre antes do 21 de abril no Concello.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page