Vila de Cruces celebrará un novo encontro de CrucesArte os días 12 e 13 de decembro
O Concello anima a todos os creadores e agrupacións a inscribirse no certame antes do 6 de novembro
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces pon en marcha o XV encontro de artistas e artesáns CrucesArte, un espazo ao redor da cultura que se celebrará os días 12 e 13 de decembro e que se converterá nunha oportunidade para descubrir, compartir e poñer en valor o talento artístico cruceño.

PUBLICIDADE
Música, baile, pintura, fotografía, teatro, artesanía, bordados, cestería ou literatura son algunhas das moitas expresións artísticas que se reunirán nesta edición que se celebrará no Auditorio Municipal Xosé Casal.
PUBLICIDADE
O Concello abre a inscrición e anima a todos os creadores e agrupacións artísticas a participar no encontro e compartir os seus traballos, mesmo a facer públicas pezas aínda descoñecidas de persoas que xa non están. As persoas ou agrupacións interesadas en participar poden poñerse en contacto co Concello ata o 6 de novembro no teléfono 986 58 20 17 ou no correo electrónico noemi.lois@viladecruces.es









Comentarios