top of page

A DXT e a Garda Civil de Tráfico activan hoxe un plan de vixilancia de pneumáticos e luces

hace 6 horas
3 min de lectura

É unha campaña a nivel autonómico que coincide tradicionalmente co horario de inverno


Laura Moure/Xeral

A DXT e a Garda Civil de Tráfico en Galicia activan desde hoxe, luns, un Plan de Vixilancia Especial de vixilancia de pneumáticos e luces, que se estenderá ata o xoves 29. Esta campaña desenvólvese na Comunidade de Galicia de forma exclusiva e coincide tradicionalmente co paso ao horario de inverno. Durante estes días, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia prestarán especial atención ao adecuado mantemento e posta a piques destes dous elementos de seguridade do vehículo: pneumáticos e luces, tendo en conta a pouca luminosidade desta época, unido ao cambio de hora e a meteoroloxía especialmente adversa destas semanas.


Ao tempo, de intensificarán as mensaxes nos paneis de mensaxe variable situados na estrada para informar as persoas condutoras do desenvolvemento da campaña. Desde a DXT lembra que, nesta época, é máis que conveniente revisar o estado dos pneumáticos dos vehículos para garantir a súa adherencia. Ao tempo, é imprescindible comprobar que as luces funcionan correctamente, co obxectivo de ver e de ser vistos polo resto de usuarios da vía.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Segundo un estudo realizado por Tráfico, o risco de falecer ou resultar ferido grave multiplícase por dous ao comparar os accidentes ocorridos con vehículos de 10 a 15 anos de antigüidade, en relación con vehículos de menos de 5 anos. Tendo en conta esta relación entre risco e antigüidade do vehículo, o mantemento adecuado de todos os elementos de seguridade convértese nunha actividade imprescindible para combater a sinistralidade.


Os pneumáticos constitúen o único e decisivo contacto coa estrada. Son os encargados de asegurar a adherencia no empuxe, na freada e no corremento lateral. Tamén se encargan de que a dirección do percorrido do vehículo sexa a desexada polo usuario e da amortiguación das imperfeccións do pavimento. É recomendable que a profundidade das ranuras teña como mínimo 3 milímetros. O límite legal é de 1,6 milímetros.


Aproximadamente máis dun millón dos vehículos, un 5%, circulan con defectos graves nas rodas, principalmente por levar unha profundidade do debuxo por baixo do mínimo legal de 1,6 mm; ter un desgaste irregular debido a unha mala suspensión ou unha aliñación incorrecta e circular cunha presión errónea. Tamén é necesario comprobar regularmente a presión do pneumático en frío e a roda de reposto, así como revisar posibles fugas de aire polas válvulas. O tapón da mesma constitúe un elemento de estanqueidad, polo que o seu uso é imprescindible.


A finalidade das luces dos vehículos non só é a de ver, senón tamén a de ser visto, xa que cada vehículo en circulación é, na práctica, un obstáculo para os demais, polo que a delimitación da súa presenza tamén é determinante para os peóns e ciclistas, os máis vulnerables. Para que a condución se realice en condicións de seguridade, aconséllase prestar unha especial atención á utilización, mantemento e regulación dos faros, para conseguir, por unha banda, dispoñer de luz suficiente e, por outro, non cegar a quen circula polas mesmas vías públicas.


Lémbrase que é obrigatorio utilizar a iluminación que regulamentariamente se estableza cando existan condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade, como en caso de néboa, choiva intensa, nevada, nubes de fume ou de po ou calquera outra circunstancia análoga. Especialmente nesta estación do ano, con menos horas de luz a DXT recomenda que os vehículos leven as luces acesas, mesmo de día: Un coche coa luz acesa é sempre visible a maior distancia, sen depender de se é un vehículo de cor negra, gris ou branco. Está demostrado que circular de día levando as luces "curtas" acesas reduce de forma drástica o risco de sufrir un accidente, aumenta a visibilidade dos vehículos e ademais, os peóns perciben antes ao vehículo que se aproxima á súa posición.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

kskd kas kdkas kdlal dlals lsld masmdlsamfkmskdfmsm sfdm lf slfsdl f


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page