A biblioteca municipal de Palas de Rei volverá abrir as súas portas o vindeiro luns, 2 de novembro
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A biblioteca municipal de Palas de Rei volverá abrir as súas portas o vindeiro luns, 2 de novembro, en horario de tarde, de 16:30 a 20:00 horas, recuperando así o servizo para os usuarios e usuarias.

A reapertura permitirá á veciñanza volver dispoñer deste espazo público destinado á lectura, ao estudo e á consulta de libros, así como ao acceso á información e á cultura.
PUBLICIDADE
Coa volta á actividade, a biblioteca retoma o seu papel como punto de encontro cultural e recurso educativo para persoas de todas as idades no municipio.
PUBLICIDADE
A biblioteca, como xa anunciara o Concello en 2023, está situada no edificio do Centro Comarcal ubicado na Avenida de Santiago no número 55.









Comentarios