Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O vindeiro 11 de decembro terá lugar a concentración baixo o lema Eólica Así NON con motivo do Día Mundial das Montañas. A concentración na comarca de Deza terá lugar na Praza do Concello de Vila de Cruces ás 12:00 horas. Está convocada pola Coordinadora Eólica Así Non, a cal, aglutina 170 colectivos, entre os que se atopan as plataformas veciñais e organizacións da comarca de Deza. A Plataforma de Afectadas/os Eólicos de Vila de Cruces insta a participación de toda a veciñanza na defensa do noso territorio.
Os interesados poden obter máis información a través do teléfono 687 197 134 ou do correo electrónico afectadxoseolicoscruces@gmail.com
Comments