top of page

Vermú picante, barriñas de proteína sabor a tarta de Santiago ou crema de améndoa e allo, no Salimat

O 28º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2025, celebrarase do 5 ao 8 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda


Laura Moure/Silleda

O 28º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2025, o cal se celebrará do 5 ao 8 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda, contará na súa área Alinova con máis de 60 innovadores produtos alimentarios. Esta zona dedicada ás novidades será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tamén os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrarán estes produtos nos seus stands.


Nesta edición, en Alinova estarán moi presentes as bebidas, entre elas un vermú picante que combina o viño Tinta de Toro coa guindilla vermella zamorana e varios viños, como un tinto xoven fermentado en barrica de carballo, un branco con lúpulo e outro branco fermentado lentamente a baixas temperaturas e madurado en barrica.

Tamén se expoñerá licor artesanal de froitas como laranxa, limón ou níspero, unha nova sidra artesá natural ou un zume de arando 100%, ademais de distintos rons, como un blend das mellores barricas con mel infusionada con cítricos ou un ron branco caracterizado polo seu aroma a cana de azucre recentemente cortado.


Tamén serán numerosos os aceites de oliva virxe extra, entre eles un variedade frantoio afumado lentamente con madeiras de carballo e faia ou novos aceites de colleita temperá ou ecolóxicos de distintas variedades. Sumaranse os produtos lácteos, entre eles novas monodoses de xeado lista para ser consumidas en seis sabores destinados a cubrir as necesidades do mercado Horeca ou novos queixos de cabra.


Ademais, en canto a conservas, destacarán algunhas como navallas empacadas una a unha, novos mexillóns nunha salsa típica galega, combinado de polbo galego e gambóns con guindilla ou un novo salpicón. E tamén entre os produtos máis doces haberá propostas como barriñas naturais de proteína con sabor a Torta de Santiago, galegas veganas de xenxibre ou de limón, pastas crocantes de manteiga realizadas cunha receita centenaria da Ribeira Sacra, galletas abizcoitadas en innovadores envases como bote de vidro ou caixa de cartón que se converte en bandexa, galletas de nata ecolóxicas e artesás, torta de améndoa con chocolate belga elaborada artesanalmente ou un novo mel de flores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, atoparanse produtos como mollo palmeiro vermello con améndoas

ou mollo con pementa palmeira e aceite de oliva, crema artesanal elaborada a base de améndoa e allo, empanadillas de diferentes sabores americanos, novas froitas deshidratadas e froitos secos en cómodo formato doypack, puros artesáns elaborados

con tabaco de cultivo ecolóxico na illa de La Palma, vinagre de mazá ecolóxico ou un novo chourizo de untar.


Máis de 30 empresas en Alinova

Serán máis de trinta as empresas que exporán produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, moitos dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2025.


Estas compañías lanzan as súas novidades baixo as marcas Abdón Segovia, Aove Green Sublim, Albenzaide, Palmojo y Reycampal, Aove 555, Oleum Alcazaba, Ars Olea, Quesos Cabraline, Tree Natural Bars, Bernardo Fariña-Pérez, Bico de Xeado, Doña Amelia, La Mulata, El Henazar, Aove Marsala, Panificadora Mencer, Frutos Secos La Albufera, Peruxiñas Veganas, Sacrapastas, La Mela, Destiladera, Martietas de Fío, Maruxas de Nata, Mareterra Conservas, Maruxaina, Puros Richard, Aldea, Alejandrino-Finca Villaveza, Tarta La Condesa, Somarroza y Silio Berries.



コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page