top of page

Veciños do Deza, xuntos contra as macroplantas industriais de metano

Ecos da Comarca/Xeral

Na semana pasada a plataforma Stop Bio?metano Agolada pasou a denominarse Stop Bio?metano Deza, ao coñecerse información sobre a intención de instalar outra planta industrial deste tipo en Alperiz (Lalín), moi cerca de varios núcleos de poboación de Agolada e Rodeiro e unha terceira no polígono industrial de Silleda. 

Charla inforamativa en Agolada o pasado decembro sobre as plantas de biometano.
Charla inforamativa en Agolada o pasado decembro sobre as plantas de biometano.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

"Loitar todos xuntos sempre nos vai dar moita máis forza que loitar cada pobo polo seu lado", recalca o colectivo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As plantas que pretenden instalar en Agolada e Lalín, tal e como explica, "estarían a tan só 12 km e tendo en conta que segundo os estudos científicos, os efectos prexudiciais na saúde chegan ata 10 km de distancia, moitas aldeas quedarían na área de influencia de ambas, duplicándose os impactos na saúde e na calidade de vida (cheiros)".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, resalta que lle chaman "BIOmetano, pero é VIOmetano, de violación dos dereitos fundamentais, como o dereito á inviolabilidade do domicilio, á vida e á saúde. Convidamos a todos os veciños da comarca a unirse a este movemento na defensa da nosa saúde e da nosa terra contra a especulación depredadora duns poucos aos que só lles importa facer negocio, aínda que sexa a costa de arruinarnos a vida a todos. Fóra VIOmetano! Nin no teu pobo nin no meu!", conclúe a plataforma veciñal.  




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page