top of page

Veciñas e veciños da Zona Vella de Melide denuncian que a súa calidade de vida "leva anos en deterioro"

Defenden "o seu dereito ao descanso nocturno, o dereito á saúde e á seguridade nos nosos domicilios, o noso dereito a movernos polas vías públicas tanto camiñando como en automóbil, sen ter que pedir permiso para poder transitar"


Ecos da Comarca/Melide

Veciñas e veciños da Zona Vella de Melide, con data do 10 de setembro, tomaron a decisión de unirse nunha soa voz, e constituírse en Asociación. Sinalan que dan este paso "despois de que a súa calidade de vida leve anos con un deterioro continuo, e de que os esforzos individuais denunciando e facendo ver os seus sufrimentos, non deran froito". O fin principal desta asociación, explican, é “defender os dereitos lexítimos e intereses colectivos das veciñas e veciños, e de persoas vinculadas á Zona Vella de Melide, fronte a calquera instancia pública ou privada, e promover todo tipo de accións encamiñadas á mellora da calidade de vida, convivencia, dotación de servizos e infraestruturas".

ree

"Ese día decidimos agruparnos nunha soa voz que nos vai a representar, e que é a

ASOCIACIÓN DE VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA VELLA DE MELIDE, tendo como fin

principal defender os nosos dereitos lexítimos e os intereses colectivos, promovendo todo tipo de accións encamiñadas á mellora da calidade de vida e convivencia; e sendo prioritario defender o noso dereito ao descanso nocturno, o dereito á saúde e á

seguridade nos nosos domicilios, o noso dereito a movernos polas vías públicas tanto

camiñando como en automóbil, sen ter que pedir permiso para poder transitar, e a que se melloren as condicións humanas e sociais da Zona Vella", explica o colectivo.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E indica que "temos a sensación desde fai moito tempo que certos bares, “fan o que lle da a gana”, e que eles son realmente os que mandan na zona: pechan cando queren, poñen a música con altavoces exteriores, realizan karaokes e actuacións ata a hora da madrugada que eles consideran e ocupan as rúas con terrazas que medran e medran. Cada día hai máis mesas, cadeiras, banquetas, pipos, bidóns, parasoles, toldos, corta ventos, bidóns de cervexa, caixas... e tamén chegan a cortar rúas porque eles mandan. E que pasa mentres tanto coa xente? Pois síntese cautiva. Non pode durmir e moverse libremente, dificúltase o acceso a ambulancias, bombeiros, reparto de bombonas, de auga a domicilio, reparto de paquetería, tránsito de peregrinos... O que se vai convertendo paulatinamente nun empeoramento da calidade de vida".


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E lamentan que en días "imos recibir nos nosos domicilios os recibos para pagar a contribución e van vir acompañados dunha importante subida. E tamén nos queremos preguntar que pasa cas taxas das terrazas, porque ao parecerson eles os que deciden que pagar, cando pagar e se lles apetece pagar".


Como primeira iniciativa da Asociación, aprobouse o envío dunha “carta aberta ó Alcalde de Melide”, sinalan.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page