top of page

Urxencias Sanitarias de Galicia 061 insiste en facer unha firme condena das sabotaxes na folga

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Hoxe atopámonos en Melide cunha ambulancia con pintadas e outras sufriron picadas de rodas en distintas localidades galegas


Ecos da Comarca/Melide

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente, de novo, os actos vandálicos e as sabotaxes realizadas contra as ambulancias asistenciais da Rede de transporte sanitario urxente (RTSU) e insiste na necesidade dun comportamento responsable e consecuente durante as xornadas de folga que comezaron onte, 6 de xullo ás 00:00 horas e continuarán ata esta noite ás 23:59 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, mantense unha segunda convocatoria de folga para os días 19, 20 e 21 de xullo, por mor da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia. Cómpre lembrar que as diferencias na negociación do convenio colectivo de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia de Galicia constitúen un asunto estritamente privado das empresas do sector e das organizacións sindicais con representación nas mesmas.


Picadas nas rodas

Desde as 00:00 horas do 6 de xullo, en que comezou a folga, ata as 12:00 horas da mañá de hoxe, 7 de xullo, sufriron sabotaxes con picadas nas rodas 56 ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente con base nos concellos de Baiona, Negreira, Carballo, Pontevedra, Oleiros, Noia, Tui, Padrón, Arbo, A Guarda, Sada; Santiago, Redondela e A Cañiza (en tres ocasións), Nigrán (en catro ocasións), Ponteareas (en sete ocasións), A Coruña (en oito) e Vigo (en 17 ocasións). Todos os vehículos substituíronse no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con normalidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, tamén se rexistraron actos vandálicos como pintadas no exterior das ambulancias ou incluso o corte dos cintos de seguridade no caso da ambulancia con base na Estrada e dunha ambulancia con base en Vigo. Cabe mencionar que hoxe pola mañá atopámonos cunha ambulancia na localidade de Melide, que nese momento, estaba parada, na cal puidemos ver que sufrira unhas pintadas, como se apreza na imaxe, pero non puidemos confirmar a que base pertencía.

Unha ambulancia con pintadas hoxe en Melide. Autor: Ecos da Comarca.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo esencial para a poboación, mantén durante as xornadas de folga, uns servizos mínimos para a atención ás urxencias e ás emerxencias que establecen o 100 % dos recursos asistenciais da RTSU para toda a Comunidade Autónoma.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha vez máis, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúa a traballar de xeito responsable e comprometido coa poboación para garantir a cobertura sanitaria ás urxencias, de xeito que a convocatoria de xornadas de folga non prexudique a calidade da mesma e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades. Por isto, insiste en facer un chamamento ao comportamento responsable e consecuente, ademais de esixir respecto aos bens e as persoas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page