top of page

Un motorista ferido en Vila de Cruces tras sufrír unha colisión contra un coche

Actualizado: 28 may 2022

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Autor: Protección Civil de Vila de Cruces

Este venres pola noite produciuse un accidente entre dous vehículos no casco urbano de Vila de Cruces que se saldou cunha persoa ferida.


"Ás 22:50 horas, recibimos aviso do 112, dunha colisión entre un coche e unha moto, na rúa Soto, á altura do cruce coa calle Cuartel da Garda Civil. Ao parecer, o coche saía desta última rúa, non viu vir á moto que, circulaba cara a saída do casco urbano, e impactou contra a mesma", informa Protección Civil de Vila de Cruces.

Na colisión resultou ferido o condutor da moto. "Presentaba un forte traumatismo no tobillo dereito, pero en todo momento estivo consciente", puntualiza Protección Civil.


Ata o lugar do accidente, ademais de Protección Civil da localidade, acudíu unha ambulancia do 061, que trasladou ao motorista ao hospital clínico, e dúas patrullas de Tráfico de Lalín.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page