top of page

Uns 1.000 aspirantes a Policía Local realizaron os primeiros exercicios do proceso en Silleda

hace 15 horas
2 min de lectura

A convocatoria inclúe 105 prazas distribuídas en 31 concellos entre eles Arzúa e Trasdeza


Laura Moure/Silleda

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, supervisou este luns o desenvolvemento dos primeiros exercicios do proceso selectivo para Policía Local, que xuntaron preto dun milleiro de persoas aspirantes no recinto feiral de Silleda. Trátase dun test de coñecemento de 100 preguntas sobre o temario publicado, que se realiza xunto coa proba de coñecementos do idioma galego para as persoas que non estean exentas.

A oposición libre conta con cinco exercicios. Así, o proceso continuará coas probas de aptitude física (velocidade potencia de tren superior e inferior, resistencia xeral e natación), á que serán convocadas as 300 persoas aspirantes aprobadas coa mellor cualificación na proba de coñecementos. Realizaranse tamén probas psicotécnicas (intelixencia, personalidade entrevista persoal) e recoñecemento médico. Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e os aspirantes admitidos pasarán a formar parte da nova promoción de Policía Local da academia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A convocatoria inclúe 105 prazas distribuídas en 31 concellos. Trátase da Coruña, A Guarda, A Illa de Arousa, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Ares, Arzúa, Boiro, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Lugo, Muxía, Nigrán, O Barco de Valdeorras, Oleiros, Ortigueira, Ourense, Padrón, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Sada, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tui, Verín e Vigo.


Proceso de selección unitario

Desde 2018, a Xunta, a través da Agasp, realiza os procesos selectivos unitarios do persoal de Policía Local coa selección neste período de máis dun milleiro de policías galegos mediante convenios cos concellos que ceden esta competencia no Goberno galego. Así, dos 126 municipios galegos con corpo de Policía Local, deles -incluídas as sete cidades galegas -92 deles encomendan á Academia a selección dos seus axentes, o que supón máis do 75%.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar as novas promocións de Policía Local ofrece accións formativas con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que garanten a seguridade da poboación galega.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page