Unidade por Rodeiro fala "do fin dunha gran mentira" con respecto a dispoñer dun centro de día
- ecosdacomarca

- 15 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Unidade por Rodeiro fala "do fin dunha gran mentira". Sinala que o Partido Popular "o 4 de abril do ano 19, anunciou que no edificio polivalente ía haber un centro de día. Dende Unidade xa denunciamos en numerosas ocasións que iso non era certo. De feito, o goberno votou en contra desta proposta no mes de febreiro".

Independentemente disto, sinala, "moitas persoas confiaban nas palabras de Cati Somoza, tenente de Alcalde e número 2 do PP de Rodeiro mais o tempo deu a razón. Os planos que están dispoñibles na páxina da Xunta de Galicia deixan ver que ese edificio vai incluír a 3 sala informática; as 2 primeiras están inutilizadas, as oficinas de Servizos Sociais, que o goberno quere transladar non lle atopamos razón de ser; construir un novo salón de actos máis pequeno que o que temos e está case sempre libre non ten lóxica e o PAI debe transladarse para a súa localización lóxica no CPI de Rodeiro".
En definitiva, recalca "o proxecto que aprobou Cati Somoza na lexislatura anterior non ten razón de ser e hipoteca economicamente ao concello, xa que, 1.500.000 para a súa construción son demasiados cartos para tan pouco servizo. Cati Somoza senón paraliza esta inversión e a destina ao mantemento das pistas queda desacreditada para ser candidata nas vindeiras eleccións municipais".







Comentarios