top of page

Unidade por Rodeiro faise eco da preocupación dos pais pola eliminación dunha unidade de Infantil

"Temos esperanzas en que Luis López esixa correxir esta anomalía, xa que do contrario, as familias que se puxeron en contacto con nós, mobilizaranse", adianta


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro faise eco da gran preocupación por parte das nais e pais que segundo esta formación política lles mostraron nos últimos días pola situación do CPI de Rodeiro "e o mesmo tempo, nos esixiron dar a voz de alarma". En concreto, este malestar está causado "pola eliminación dunha unidade en Infantil, xuntando 20 nenos de diferentes idades nunha aula. Isto é algo inasumible", recalca Unidade por Rodeiro. A unidade que pretenden eliminar, tal e como indica esta formación, é a de catro anos, polo que xuntarán a estes cativos cos de cinco.

ree

E resalta que "a metade, de cinco anos, comeza a ler, a outra metade, de catro, comeza o aprendizaxe das letras, outros extranxeiros non entenden o idioma... Esta situación para unha soa mestra sen apoio impide unha educación de calidade".


Así mesmo confesa que "dende UxR xa fai semanas que sospeitabamos que esta situación se podería dar e lamentamos que dende Educación, sendo o conselleiro veciño do noso concello, prexudique gravemente a nosa educación.  A este respecto, temos esperanzas en que Luis López, delegado Territorial, esixa correxir esta anomalía, xa que do contrario, as familias que se puxeron en contacto con nós, mobilizaranse".

ree

A maiores, apunta que "demandamos que se cubra a praza de logopeda e educador especial. Rodeiro, ao igual que o resto de centros educativos, ten nenoscon necesidades diferenciadas polo que, non podemos vernos prexudicados nesta situación. Crer no rural e darlle servizos públicos de calidade. Pola contra, reducir na educación pública é sinónimo de abandono. Esiximos a mellor educación pública para Rodeiro".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page