top of page

Unidade por Rodeiro denuncia que "volve chover dentro do Centro cultural Manuel Lamazares"

"Mentres o PP de Rodeiro xestiona as renuncias continuas de concelleiros e busca candidato á Alcaldía, as instalacións locais abandónanse", acusa


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro denuncia que volve chover dentro do Centro cultural Manuel Lamazares. "Outra vez o goberno municipal vai investir uns 50.000 euros no arranxo do teito deste edificio. Case todos os anos se gastan cartos en reformas mal plantexadas cando o normal sería unha rehabilitación ambiciosa do conxunto do edificio incluindo o museo".

E indica que "claro, para iso, sería necesaria a financiación da Xunta de Galicia, pero aparenta que Rodeiro lle queda lonxe por moito que o seu representante en Pontevedra fale de nós. Só hai que ver a proposta de orzamentos para darse de conta desta situación. Unidade por Rodeiro, cando o PP de Rodeiro reformou a biblioteca, xa dixemos que era un erro estar parcheando continuamente, e o tempo deunos a razón".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E cuestiona que "mentres o PP de Rodeiro xestiona as renuncias continuas de concelleiros e busca candidato á Alcaldía, as instalacións locais abandónanse. Non hai xestión nin administración, de feito, non hai futuro para o goberno".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page