top of page

Unhas 200 persoas asisten ao Pincho de Nadal do PP de Rodeiro

Ecos da Comarca/Rodeiro

O PP de Rodeiro celebrou o pasado luns á noite o seu 3º Pincho de Nadal, que reuníu a uns 200 militantes, simpatizantes e colaboradores que encheron as dúas salas do Hostal As Carpinteiras e aproveitaron para felicitarse as festas e engraxar o traballo político de cara ao ano preelectoral 2026.

ree

O acto estivo encabezado pola voceira municipal e presidenta do PP local, Cati Somoza, e tamén contou coa presenza do presidente provincial e da Deputación, Luis López, dos deputados populares Juan Bayón e Raúl Santamaría, do alcalde lalinense José Crespo, da voceira do PP de Agolada, Carmen Seijas, do tenente de alcalde de Dozón, Carlos Dafonte, e do ex alcalde de Rodeiro Eliseo Diéguez, entre outros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cati Somoza dirixíuse aos presentes para agradecerlles o enorme apoio, o cariño e a unidade e fortaleza amosada polo partido malia as dificultades que sempre implica estar na oposición e convidounos a seguir traballando arreo co obxectivo de recuperar a Alcaldía en 2027.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Pola súa banda, Luis López reiterou o seu "compromiso absoluto" cos veciños de Rodeiro "aos que non lles vou fallar nunca" e centrou o seu obxectivo en realizar o maior número de investimentos no municipio desde a Deputación de Pontevedra.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page