Ecos da Comarca/Rodeiro

A vaca atropellada. Autor: Emerxencias Lalín
A primeira hora deste sábado produciuse un accidente no municipio de Rodeiro no que se viron implicados dous vehículos e un animal. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos despois das 6:00 horas.
Publicidade
O suceso, tal e como informa o 112 Galicia, tivo lugar na estrada PO 533 á altura da parroquia de Álceme. "Había na estrada un grupo de vacas e unha delas foi atropelada e como consecuencia víronse implicados dous vehículos", sinala o 112 Galicia.
Publicidade
O resto de vacas. A.: Emerxencias Lalín
Con estes datos alertou a Urxencias Sanitarias, a Emerxencias Lalín, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Rodeiro e ao Servizo de Mantemento da Estrada para que retiraran ao animal morto.
Publicidade
"Unha persoa queixábase de dor nunha man", sinala o 112.
Comments