top of page

Comezan as obras para ampliar a rede de abastecemento de auga na parroquia de Ponte

Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos para a ampliación da rede municipal de abastecemento de augas na parroquia de Ponte. Concretamente, estanse a instalar as tubaxes necesarias para levar a traída municipal ata o lugar de O Espiño, cunha ampliación posterior cara ao núcleo de Carderrei.


Durante a execución das obras faise necesario realizar un pase subterráneo na estrada PO-205 (Silleda-Vila de Cruces), á altura do centro social da parroquia, punto no que remata actualmente a rede de abastecemento e desde onde se acometerá esta nova conexión.

Estes traballos, que continuarán nos vindeiros días, estanse a acometer dende a Concellería de Obras, para a mellora e ampliación da rede municipal, con actuacións que veñen a completar as realizadas hai uns meses coa instalación do servizo municipal de auga no lugar de Trasfontao, na parroquia de Silleda.


As obras estanse a realizar con medios e persoal propio do Servizo Municipal de Augas, o que permite abaratar de xeito considerable os custes derivados deste tipo de investimentos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Temos un equipo capacitado e comprometido, que demostra día a día que temos no Concello o mellor persoal para levar a cabo estas actuacións”, sinala a alcaldesa Paula Fernández Pena.


Nos vindeiros meses a concellería de Obras continuará coa extensión da rede municipal de abastecemento a novos lugares, logo de extender nos últimos anos a traída de augas a parroquias como O Castro, Saídres, Cortegada, Taboada, Manduas, ou lugares como Toxa, entre outros.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page