top of page

Cruz Vermella leva a tecnoloxía á rúa en Silleda

O vindeiro venres 23 de maio levaranse a cabo dous obradoiros para persoas maiores de 55 anos e poboación desempregada


Laura Moure/Silleda

Silleda acollerá o vindeiro venres 23 de maio, na Praza do Siñor Afranio de Silleda, xunto ao Concello, unha nova parada do proxecto Enredando Tour, impulsado por Cruz Vermella en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a rede CeMIT. Esta iniciativa concíbese como un espazo lúdico e educativo que busca achegar as tecnoloxías da información e a comunicación á cidadanía, especialmente ás persoas maiores e á poboación desempregada

A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e contará con dous obradoiros gratuítos:

• De 10:00 a 11:30 horas: Obradoiro dirixido a persoas maiores, centrado en coñecer que é a realidade virtual, a intelixencia artificial, e adquirir competencias sobre seguridade en Internet e banca dixital.

• De 12:00 a 13:30 horas: Obradoiro dirixido a persoas desempregadas de entre 55 e 65 anos (poderán participar tamén persoas doutras idades interesadas).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A acción levarase a cabo nunha aula móbil totalmente equipada, onde o persoal técnico e o voluntariado de Cruz Vermella garantirán o correcto desenvolvemento da actividade e a atención personalizada ás persoas asistentes.


O proxecto Enredando Tour está aberto a toda a poboación interesada en mellorar as súas competencias dixitais, promovendo a inclusión tecnolóxica como ferramenta de benestar e autonomía persoal.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page