top of page

Unha traballadora da oficina agraria de Melide perde a vida nun lume orixinado nunha vivenda en Lugo

Ecos da Comarca/Melide

Un lume orixinado nunha das vivendas dun edificio de sete plantas da Avenida das Américas, en Lugo, rematou cunha persoa falecida e outras dúas evacuadas ao centro hospitalario nas primeiras horas da mañá de hoxe. A vítima, duns 50 anos, traballaba na oficina agraria de Melide.

Foto arquivo.

O suceso tivo lugar preto das seis horas cando un dos ocupantes do inmoble chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. No seu relato, indicaba que o interior da súa casa estaba tomado polo fume e que non era capaz de precisar a súa orixe.


De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros de Lugo e dos axentes da Policía Local. Nada máis chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que unha persoa faleceu e que outras dúas foron trasladadas ao hospital en ambulancia. Segundo a información facilitada polos bombeiros, o incendio puido ser causado por unha manta eléctrica.

Cómpre indicar que os xestores do 112 tamén pasaron aviso aos efectivos de Protección Civil da cidade por se fose necesaria a súa colaboración.


Pésame do Concello

"Dende o Concello de Melide amosamos o noso pesar polo falecemento de Isabel, traballadora da Oficina de Extensión Agraria de Melide. O máis sincero pésame a súa familia, amigos/as e compañeiros/as".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page