Unha saída de vía sáldase con dous ocupantes dun vehículo feridos no municipio de Silleda
Ecos da Comarca/Silleda

Ás 19:26 horas desta tarde, produciuse un saída de vía na N-525 no km 311 á altura de Lamela, en Silleda.
O aviso deuno unha persoa particular a cal se atopaba no lugar dos feitos. Na chamada ao 112 Emerxencias, relataba que no interior do vehículo viaxaban dúas persoas, as cales se atopaban aínda no interior do vehículo e desorientadas.
Con estes datos o 112 Emerxencias, deu aviso aos Axentes da Garda Civil de Tráfico e informou os Bombeiros de Deza e a Mantemento de Estradas.
Minutos despois os axentes de Tráfico requiriron ao 112 a presenza dos bombeiros para que procedesen á limpar a estrada, dado que, na mesma quedaran obxectos esparexidos debido ao impacto, segundo comenta as 112 Emerxencias a este medio.









Comentarios