top of page

Unha saída de vía en Silleda sáldase cunha persoa ferida

18 ene 2023
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá rexistrouse un accidente no municipio de Silleda que se saldou cunha persoa ferida. Ocorreu pasados uns minutos das oito da mañá.

Tratouse dunha saída de vía tal e como informa o 112 Galicia que foi alertado por unha das persoas afectadas.


Sucedeu na estrada EP-6511 á altura da parroquia de Manduas. "Unha persoa queixábase de dor no peito", subliña o 112.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A persoa afectada tivo que ser trasladada por Urxencias Sanitarias e o vehículo quedou obstaculizando a circulación, tal e como apunta o 112. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page